Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela imprimirá e levará ás casas os apuntes e deberes dos escolares para salvar a fenda dixital

RR_Noticias

O obxectivo desta medida, que pon en marcha a Concellería de Ensino, busca sortear a fenda dixital e facilitar ao alumnado de colexios e institutos o acceso a esas tarefas que o profesorado propón para este tempo de confinamento obrigado. A medida está dirixida a aqueles que carezan de ordenador ou conexión a rede “pero non é aplicable aos que carezan de impresora xa que se trata de exercicios que non precisan de seren impresos”.

Na era dixital prácticamente a totalidade dos centros educativos do noso concello apostaron polas novas tecnoloxías para enviar tarefas e apuntes aos seus estudantes co obxecto de que non perdan o ritmo e poidan seguir estudando dende a casa. Con todo, non todas as familias poden acceder a estes traballos, ben por carecer de equipo informático ou por non contar con conexión a Internet.
Co obxecto de salvar esta fenda dixital, a Concellería de Ensino decidiu colaborar cos centros educativos para achegar estas tarefas escolares ao alumnado. Así, dende este departamento puxéronse en contacto co persoal docente de cada centro para que este remita, ao correo de Ensino, as tarefas correspondentes. Unnha vez imprimidas faranse chegar aos domicilios dos nenos e nenas para que poidan seguir o ritmo de traballo dos seus compañeiros e compañeiras.
Explica a edil de ensino, Olga García Ballesteros que se trata “de eliminar a fenda entre o alumnado que dispón de internet e ordenador e aquel que non o ten, de xeito que poidan desenvolver o traballo ao mesmo tempo”. Insisten dende o Concello que se trata dunha iniciativa dirixida “só aos que non dispoñan de equipo informático ou conexión á rede” polo que non é aplicable aos que carecen, por exemplo, de impresora xa que “os exercicios propostos, segundo explicou o profesorado, non necesitan ser impresos”.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará