Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os usuarios de Lenda resisten ao coronavirus

RR_Noticias

Sen ningún caso positivo entre os usuarios da asociación de saúde mental redondelá, a asistencia non se detén e continúan dando servizo a todos os seus usuarios e familias a través do teléfono. Chamadas diarias para comprobar como se atopan pero tamén para lembrarlles a toma de medicamentos ou axudalos a facer algunha xestión a distancia. Tamén apoian ás familias proporcionándolles ferramentas para xestionar a convivencia aínda que aseguran que a máis eficaz, a sensatez e evitar os espazos de roce.

Nesta situación de pandemia, as persoas que padecen unha enfermidade metal son parte da poboación vulnerable, por iso se fai especial fincapé na súa atención nestes xornadas de confinamento, aínda que sexa a distancia. Iso é o que fai a Asociación Lenda de Saúde Mental cos usuarios do centro de rehabilitación, o centro acupacional ademais do servizo de seguimento a distancia. Máis de sesenta persoas que son atendidas polos equipos de traballo compostos por tres membros que cada día se poñen en contacto con todos eles para coñecer como se atopan, lembrarlles a toma da medicación así como axudalos noutras tarefas, que por mor do confinamento, teñen maior dificultade para xestionar. Desde Lenda, Jaime Figueroa, explica que até o momento non se rexistrou ningún caso de COVID-19 entre os usuarios e están tranquilos pola reacción positiva que están a ter, sen ningunha incidencia salientable. Para iso é fundamental, lembra, seguir unhas pautas, xa que as persoas con enfermidades mentais soen ter unha menor tolerancia ás situacións de estrés ou ansiade por iso recoméndanlles facer exercizos relaxantes, escribir sobre as súas experiencias e manter o contacto social. Un traballo que nestes días tamén se está a centrar nas familias. Moitas horas de convivencia que antes da pandemia non mantiñan e ,en ocasións, en espazos reducidos, por iso neste caso a regra é básica, di, a “sensatez e a compresión”. Evitar os espazos de roce tanto físicos como emocionais e de convivencia.    

Jaime Figueroa Lenda
A Asociación continúa co servizo de asistencia diaria a través do teléfono
Cero casos de COVID-19
A reacción dos usuarios está a ser positiva e non hai ningún infectado
Como afrontar o confinamento?
Lenda proporciónalle aos seus usuarios pautas básicas para facer máis levadeiro o peche
Recomendacións familiares
Respectar o espazo de cada un e evitar os rozos son as pautas básicas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará