Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Comercios de Redondela doan material de protección para os sanitarios do Centro de Saúde

RR_Noticias

O Centro de Saúde de Redondela é o referente da comarca para os casos con sospeita COVID -19. O material e equipos de protección para os sanitarios é “esencial” para evitar os contaxios entre os profesionais e que poidan seguir traballando. Ante a escaseza de medios, varios comercios de Redondela e tamén o IES Mendiño doaron material de protección ao ambulatorio.

Ramón Lagos, responsable no PAC de Redondela para a xestión e reparto deste material, explica que o uso de equipos EPI, máscaras, gafas e luvas é “esencial” para que o persoal sanitario non se contaxie “e poida seguir prestando os seus servizos á poboación”. Sinala que nesta situación de “pandemia mundial” está a ser “moi difícil” conseguir ese material de protección. Afortunadamente polo de agora non hai ningún profesional sanitario no centro redondelán contaxiado polo COVID-19, e é preciso extremar a seguridade. Nun primeiro momento os traballadores do Centro de Saúde de Redondela mercaron os seus propios EPIs, (equipos de protección individual) xa que carecían deles. Pero este tempo de crise sanitaria, económica e social “tamén está a sacar o mellor da cidadanía”. Lagos sinala que diferentes comercios de Redondela, ao saber da falta de material, se puxeron en contacto co PAC para donar monos de protección, luvas, máscaras e gafas de protección. Foron, sobre todo, establecementos do serctor agrícola, como Agro Eidos, Sémola, Comercial Ojea e Agrocomercial Canudo, ademais da ferretería Justo. Por outra banda o IES Mendiño donoulles batas impermeables. Desde o Centro de Saúde todo o peroal se amosa “profundamente agradecido” con estes xestos de “xenerosidade e solidariedade” que lles permiten ter material suficiente para protexerse mentres traballan “na primeira liña de batalla contra o virus”. Hai outro tipo de material dos que o PAC de Redondela está sen abastecemento. Falta solución solución hidroalcohólica e productos de limpeza e desinfección, polo que fan un chamamento a industrias e comercios que poidan ter existencias para que se poñan en contacto con eles. Centro de referencia Coa reorganización da Área Sanitaria de Vigo, que centraliza en determinados centros de saúde a atención aos pacientes con sospeita de coronavirus, o Centro de Saúde de Redondela é o centro de referencia da comarca. Atende aos doentes con sospeita COVID -19 para a área de Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Chapela e Redondela, previa consulta telefónica co seu médico. Establécese para estes pacientes un circuito diferenciado, dende a entrada de Urxencias, para que en ningún momento se misturen co resto de pacientes. Atención telefónica Os servizos sanitarios lembran que os usuarios deberán chamar antes ao seu propio ambulatorio ou PAC antes de acudir ao centro. Insiste Lagos en que a única ferramenta para atallar os contaxios do COVD-19 é o “illamento social”. No centro de saúde só se realizan presencialmente as consultas que son “estrictamente necesarias”, e o resto resolvense telefonicamente. Por iso é neceario “chamar antes de acudir ao centro de saúde”. En caso de dúbidas ou para realizar calquera consulta do Centro de Saúde de Redondela poden chamar ao teléfono 986 400 700.

Ramón Lagos responsable de material no PAC de Redondela
O material de protección é fundamental para os sanitarios. Nesta situación de "pandemia mundial" está a ser "moi difícil" conseguilo.
Solidariedade do comercio redondelán
Desde o Centro de Saúde todo o peroal se amosa "profundamente agradecido" con estes xestos de "xenerosidade e solidariedade" do comercio local.
Centro de referencia
O Centro de Saúde de Redondela estableceu un circuito específico para os doentes con sospeita de COVID-19.
Atención telefónica
Os servizos sanitarios lembran que os usuarios deberán chamar por teléfono ao seu ambulatorio antes de acudir ao centro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará