Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rivas critica a falta de respecto institucional da Xunta por non informar dos cambios no transporte

RR_Noticias

Dúas semanas despois da posta en marcha de diferentes cambios no transporte interurbano que afectan á veciñanza de Redondela, a Xunta informa ao Concello de ditas modificacións. Unha demora que o goberno local considera “inaceptable” tendo en conta ademais que o PP local convocou unha reunión cos veciños de Cabeiro, San Estevo e Vilar “utilizando o logotipo do Concello” o pasado venres 28 de febreiro.

A alcaldesa, Digna Rivas, reuniuse na mañá de onte co xefe territorial de Infraestruturas e Transporte, José Luis Díaz Yáñez, para coñecer polo miúdo os cambios de liñas no transporte interurbano e como estes afectarán ás veciñas e veciños de Redondela.
A rexedora local amosou o seu malestar “pola falta de respecto institucional da Xunta co Concello e coa súa veciñanza” ao informar ao Goberno local “case que dúas semanas despois do cambio de liñas” mentres “a cúpula do PP local celebraba unha “reunión informativa” cos veciños e veciñas de Cabeiro, San Estevo e Vilar no Centro Cultural desta última parroquia.
O goberno considera “inaceptable”, que a convocatoria que cualifican de partidista e claramente electoralista” fora realizada polos populares utilizando o logo do Concello de Redondela.
Explican dende o goberno local que unha vez coñecidos os cambios nas liñas de transporte interurbano solicitaron unha reunión de carácter urxente para seren informados, pero que a reunión convocouse para o venres 28 de febreiro “data na que a alcaldesa estaba convocada ao Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo”. Malia todo, esa mesma tarde “e faltando ás máis elementais normas ética institucional” o PP convoca unha reunión cos veciños afectados, reunión na que tamén estaba presente o xefe territorial de Infraestruturas e Transportes. Unha reunión que, apunta a alcaldesa “o PP convoca en tempo preelectoral para explicar como solucionar un problema que os propios populares crearon dende a Xunta de Galicia”.
Na reunión de onte con José Luis Días Yáñez, acordouse facer unha nova reunión cos veciños das anteditas parroquias “incluíndo tamén a veciñanza de Trasmañó e Chapela” que están afectados pola reordenación das liñas de transporte interurbano. Facilitarase á veciñanza que fagan as súas achegas e suxestións para facelas chegar á Xunta”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará