Hoxe é Martes 20 de Outubro de 2020

ARPE promociona en Bouzas o patrimonio de Rande

RR_Noticias

A Asociación Rande Patrimonio Europeo (ARPE) leva meses traballando para dar a coñecer e poñer en valor todos os tesouros que conflúen no estreiro de Rande. Ao conxunto de galeóns afundidos na famosa batalla naval, únese o castelo recentemente recuperado e declarado Ben de Interés Cultural (BIC), ademais do cargadoiro Cotto Wagner, patrimonio industrial da ría e que a Autoridade Portuaria ten intención de demoler.

Para que unha sociedade se implique en protexer un ben, ten que coñecelo e apreciar o seu valor. Por iso desde a asociación que preside Xurxo Constenla están empeñados en promocionar a riqueza patrimonial de Rande, que vai moito máis aló dos restos da contenda naval de 1702. Porque na Enseada de San Simón, ademais de atoparse un dos xacementos subacuáticos máis importante do mundo, hai outros tesouros que poñer en valor. Un deles é o propio Castelo de Rande, cuxas ruinas están situadas nos alicerces da ponte da autoestrada AP-9, e que supón un dos elementos patrimoniais máis importantes de Redondela. Tamén o cargadoiro Cotto Wagner, sentenciado a desaparecer, forma parte do patrimonio industrial da ría. O anuncio da súa demolición por parte da Autoridade Portuaria, levou a ARPE a mobilizarse para poñer en valor esta infraestrutura, empregada como porta de saída de minerais como ferro ou wolframio ao longo de século pasado, con destino a países como Alemaña ou Inglaterra. Conferencia no Liceo de Bouzas Mañá venres, 31 de xaneiro, o arqueólogo Xurxo Constenla e o antropólogo Paulo Jablonski, estarán no Liceo Marítimo de Bouzas para ofrecer unha conferencia sobre a batalla de Rande e todos os bens culturais que existen na contorna do estreito de Rande e a enseada de San Simón, propostos para seren declarados Selo do Patrimonio Europeo. A cita é ás 20.00 horas no salón principal do Liceo Marítimo de Bouzas.

Xurxo Constenla presidente ARPE
O Castelo de Rande supón un dos elementos patrimoniais máis importantes de Redondela.
Cargadoiro Cotto Wagner
O anuncio da súa demolición por parte da Autoridade Portuaria levou a ARPE a mobilizarse para poñer en valor esta infraestrutura.
Conferencia no Liceo de Bouzas
Constenla e Jablonski estarán no Liceo Marítimo de Bouzas para ofrecer unha conferencia sobre a batalla de Rande e todos os bens culturais que existen na zona.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *