Hoxe é Mércores 16 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tatán regresa ao Multiúsos co seu “Chapeu” rodeado de amigos

RR_Noticias

Titiriteiro, actor e músico Eduardo Rodríguez Cunha máis coñecido como Tatán, volve ao lugar no que hai xa catro anos presentara o seu disco Chapeu. Será nun concerto que terá lugar este sábado día 7 ás 20:00 horas e cuxas entradas están xa a venda a 3 euros. Doce cancións e doce historias recollidas neste traballo no que conta con moitas colaboracións que acompañan a súa voz para ir facendo un percorrido por estilos diversos: o jazz, blues, swing ou mesmo habaneiras.

Unha andaina musical que arrancou nos anos 90 con Eigualdeixa, e que prolongou co proxecto infantil María Fumaça e con CoraSons, espazo no que coincidiu con Pablo Vidal, quen forma parte indispensable deste traballo do mesmo xeito que Uxia e outras moitas voces e músicos que volverán estar con Tatán este sábado sobre o escenario. Xavier “Guedellas”, Ana e Chus Senlle, Blanca Francés, Noli Torres ou o tamén redondelán Alberto Vilas estarán neste concerto no que se escoitarán os doce temas que conforman un disco que pasa por diferentes estilos, dende a habaneira Amores por terra pasando pola música cabaré de Tic-tac, o toque italiano e divertido de A Nonna ou coa homenaxe a Toquinho e Vinicius de Moraes de Mutua de decesos, un tema que pecha o disco en colaboración con Carlos Blanco.  

Tatán músico e titiriteiro
Un concerto con amigos
Un repertorio variado
Blues swing e tamén habaneiras

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará