Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Policía cualifica de “auténtico depredador sexual” ao mozo de Soutomaior que actuaba no tren

RR_Noticias

O detido, autor de varias agresión sexuais en trens que unían a estación de Vigo-Gixar con Pontevedra, cometía os seus actos a primeira hora da mañá aproveitando que circulaban case baleiros. Unha vez no vagón seleccionaba á vítima e sentaba ao seu lado ocultando o seu rostro cun pasamontañas ou unha gorra para evitar ser identificado. Con tan só 21 anos de idade, conta xa con varios antecedentes policiais por feitos semellantes, polo que se solicitou ao xuíz unha orde de afastamentos das estacións e trens. Catro mulleres presentaron denuncia, malia que poderían ser moitas máis as agredidas.

A investigación iniciouse a finais do pasado mes de agosto,cando varias usuarias do servizo de transporte presentaron queixas por teren sido vítimas de tocamentos por parte dun home.
Durante a investigación os axentes descubriron que este individuo utilizaba os trens que partían da estación de Vigo-Guixar cara a Pontevedra, e xeralmente a primeiras horas da mañá. En todos os casos subía ao tren cun chaleco dunha empresa e aproveitaba para sentar á beira dalgunha viaxeira que fose soa para tentar abusar dela.
Unha vez que se ten coñecemento dos feitos, estableceuse unha liña de investigación coa  colaboración de Renfe e Adif, tratando en primeiro lugar localizar a todas as vítimas do “depredador sexual” para que presentasen denuncia, identificándose polo de agora a catro das súas vítimas.
Finalmente conseguiuse identificar a un mozo, a quen xa lle constaban antecedentes penais por delitos de Abusos Sexuais, e que tiña vixentes dúas ordes de afastamento de anteriores vítimas.
Estableceuse un dispositivo policial nas inmediacións da estación de Renfe – Guixar que deu como resultado a súa detención á primeira hora da mañá do luns 2 de decembro, presentando o detido unha forte resistencia aos axentes.
Os investigadores deducen que pode haber máis mulleres que fosen vítimas deste “depredador”, por iso continúase coas xestións para localizar a todas aquelas mulleres que puidesen ser obxecto de abusos sexuais por parte deste home e aínda non han presentando denuncia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará