Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela esixe un terceiro xulgado

RR_Noticias

Falte de medios humanos e materiais que se traducen nunha peor administración de xustiza. Así o poñen de manifesto os profesionais -avogados e procuradores- que presentaron no pleno unha moción na que reclaman a posta en marcha dunha terceira sala nos xulgados de Redondela. Todos os grupos amosaron a necesidade de loitar por esa terceira sala “que existe noutros municipios veciños con moitos menos habitantes”. Alertaron tamén do risco da perda dos xulgados de Redondela no caso de que se retome a idea de reformar e reducir o número de partidos xudiciais na provincia.

O elevado volume de traballo nos xulgados de Redondela, que atende a unha poboación que supera os 40.000 habitantes, evidencia a necesidade dun terceiro xulgado que axilice e evite o colapso na administración de xustiza. Non é esta a primeira vez que se aborda unha cuestión que tamén dende os sindicatos se ven denunciando dende hai anos, xa que a día de hoxe os xulgados contan co mesmo número de persoal que hai 20 anos atrás. Alertan os colexios de avogados e procuradores que é necesaria esa terceira sala para axilizar os asuntos pendentes e evitar o colapso. Por ese motivo demandaban da corporación municipal o seu apoio para reclamar tamén dende a administración local que se implante esa terceira sala. Todos os partidos estiveron de acordo coa moción. Explicaba o nacionalista Xoán Carlos González que hai “argumentos máis que suficientes para que haxa unha terceira sala que mellorará a atención dos veciños así como a situación dos traballadores” ao tempo que criticaba a “falta de xestión neste asunto por parte do anterior goberno de Javier Bas”. No mesmo sentido manifesta dende AER, Susana Couñago que “non foi prioritario para o PP defender este servizos nos oitos anos que estivo no goberno” mentres o socialista Leonardo Cabaleiro aseguraba que “a situación de Redondela é moito peor que concellos de moita menos poboación como é caso de Porriño que xa conta con tres xulgados malia ter unha poboación menor”. Apoio tamén a moción por parte do PP que quixo puntualizar que a “competencia para a creación de novos Xulgados é do Estado e do ministerio de Xustiza polo que a solución non está nas mans da Xunta”.  

Xoán Carlos González BNG
Os nacionalistas alertan do risco de desaparición de retomarse a idea de reducir os partidos xudiciais
Susana Couñago AER
Critica que o anterior goberno do Pp non defendera este servizo con toda a forza que merecía
Leonardo Cabaleiro PSOE
Lembra a discriminación de Redondela con concellos de menos habitantes que xa teñen ese terceiro xulgado
Carmen Amoedo PP
Insiste en que a solución está en mans do goberno do estado e non na Xunta

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará