Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O actor Amador Arias asiste á proxección da aclamada “O que arde” no Multiúsos da Xunqueira

RR_Noticias

O protagonista da película de Oliver Laxe asistirá á proxección organizada dende o Servizo de Normalización Lingüística da cinta “O que arde” que se poderá ver este venres ás 20:30 horas no auditorio da Xunqueira. A entrada pódese mercar no propio multiúsos a un prezo de 2 euros. Unha proposta enmarcada no ciclo Novo Cine Galego que inclúe tamén o visionado de “Arraianos” de Eloy Enciso, “Mamasunción” de Chano Piñeiro e “Trinta Lumes” da redondelá Diana Toucedo.

Con esta actividade preténdese difundir as novas xeracións dedicadas ao cine galego, que teñan como protagonista a lingua galega, e que consegue numerosos e continuados recoñecementos internacionais.
A primeira película será “O que arde”, de Óliver Laxe. Esta obra está a recibir, dende o seu estreo, numerosos premios en distintas categorías (director, actor, fotografía, banda sonora…) en sinalados certames internacionais como Cannes, Toronto, Mar de Plata… Unha peza de arte dedicada á reflexión da Galicia rural tendo como fondo a problemática dos incendios forestais.
Dende o SNL consideran que, ao non haber salas de cine en Redondela, é unha responsabilidade da Administración local ofertar este tipo de actividades a un prezo popular e acercar así produtos culturais de alta calidade.
A proxección será o venres 29 de novembro ás 20:30 no Auditorio da Xunqueira. A entrada bono será 2 € ata completar capacidade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará