Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Redondela na N-550 con 300 gramos de marihuana

RR_Noticias

A policía local de Redondela detivo a un home de 33 anos de idade que circulaba nun coche pola N-550 a altura de Cesantes con 300 gramos de marihuana. A droga foi decomisada durante un control de tráfico e no vehículo atopouse igualmente unha importante cantidade de cartos en metálico, que superaban os 300 euros.

Axentes da Policía Local de Redondela procederon a última hora da tarde de onte á detención dun varón de 33 anos de idade e veciño de Redondela por un suposto delito contra a saúde pública. Os feitos, producíronse na parroquia de Cesantes, na estrada N550, logo de que os axentes observaran un vehículo sospeitoso con dúas persoas no interior. Consultada a base de datos da Dirección Xeral de tráfico comprobouse que o vehículo non contaba coa ITV correspondentes, polo que se procedeu a darlle o alto.
Unha vez identificadas ás dúas persoas que ían no interior do vehículo e feito un rexistro do mesmo, os axentes atoparon unha bolsa cunha importante cantidade de droga no seu interior, concretamente 300 gramos de marihuana. Malia manifestar o condutor do vehículo que a droga era para o seu consumo procedeuse a súa detención e traslado á comisaría. Na intervención, solicitouse tamén o apoio do indicativo Zeta de Policía Nacional.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará