Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nova entrega de composteiros

RR_Noticias

As persoas interesadas en recibir un composteiro deberán inscribirse previamente  e achegarse ás charlas informativas que se van desenvolver o venres 29 de novembro ás 19:30 horas no Multiusos de Chapela e o martes 3 de decembro ás 11:00 horas no Multiusos de Redondela. Para participar da iniciativa compre estar empadroado en Redondela e presentar a referencia catastral da finca na que se vai instalar o composteiro.

A Concellaría de Medio Ambiente comeza esta semana coa inscrición previa para unhas charlas de compostaxe doméstica onde os participantes recibiran un composteiro individual e un manual. O concello de Redondela recibiu preto de 160 unidades de composteros do plan Revitaliza. A cambio encargarase da recollida, transporte, repartición e proporcionar a formación necesaria para que a veciñanza reciba os mesmos. A realizar o seguimento dos composteros repartidos, con visitas aos domicilios que dispoñan destas unidades, durante o ano posterior a sua entrega.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará