Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Chapela demandan que o antigo colexio Igrexa se empregue como centro social

RR_Noticias

As obras de ampliación da AP-9 supuxeron o traslado do CEIP Igrexa a unhas novas instalacións, e o antigo edificio está agora en desuso. Os veciños da parroquia rexeitan que se derrube e piden que se rehabilite para darlle un uso social e cultural, como centro de día para maiores ou ludoteca.

Advirten os residentes en Chapela que son moitas as necesidades da parroquia, e moi poucos os servizos dos que dispoñen. Por ese motivo entenden as instalacións do antigo colexio, agora sen aactividade escolar, podería dar albergar varios servizos públicos e así dar resposta a algunhas das súas demandas. Entenden que a intención de Audasa, concesionaria da autoestrada AP-9, de derrubar o edificio “é unha mágoa”, xa que está en boas condicións e só sería necesario facer pequenas obras “para adaptalo” e darlle un uso do que podería aproveitarse a cidadanía. Rosa e Teresa sinalan que podería albergar un centro de día, ludoteca para nenos e salas para reunións e actividades. Tamén Enrique e Ballesteros ven “ilóxico” gastar cartos en derrubar un edificio cando podería servir como centro social. Entenden que o Concelleo debería negociar con Audasa para que, mentres non se necesiten os terreos, o edificio poida ter un uso “en beneficio da cidadanía”. Son practicamente 2.000 metros cadrados de superficie que poderían acoller moitos servizos para a veciñanza. Mesmo indican que as antigas casas dos metres poderían acondicionarse para facer vivendas sociais. Plácido e Mari Sol apuntan a necesidade dun Centro de Día para maiores, un servizo de gardería para nenos, un local social onde poder reunirse os veciños, realizar cursos, etc. A Erundina, unha muller maior que vive preto do colexio, gustaríalle que se fixera no edificio algo que sexa “útil” para os veciños, e considera “un atraso” tiralo abaixo. Desde a Asociación de Veciños xa enviaron un escrito ao Concello advertindo que a parroquia se atopa “nunha situación de grave déficit de instalacións para usos sociais, culturais e deportivos”, e que as antigas instalacións do colexio sería un xeito de conseguir locais apropiados para realizar actividades “cun custe mínimo”. Popoñen que as aulas se utilicen para locais de reunión, organización de eventos, charlas, cursos, etc. O colectivo veciñal propón que se faga un estudo de viabilidade técnica da obra, e o custo económico da mesma, e que se paralice a entrega do edifico a Audasa “para poder negociar que se faga un derrube parcial”.

Rexeitan o derrube
Veciñas como Rosa e Teresa rexeitan que se derrube o edificio. Propoñen que se utilice como centro de día ou ludoteca.
Uso social
Enrique e Ballesteros ven "ilóxico" gastar cartos en derrubar un edificio cando podería dárselle un uso social.
Necesidades da parroquia
Son case 2.000 metros cadrados de superficie que poderían acoller moitos servizos para a veciñanza como explican Plácido e Mari Sol.
Utilidade pública.
A Erundina gustaríalle que se fixera no edificio algo que sexa "útil" para os veciños.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará