Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rematan as obras de acondicionamento do parque infantil do Piñeiral por valor de 35.000 euros

RR_Noticias

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, visitaron esta mañá os traballos de acondicionamento do parque infantil multiusos do Piñeiral. Estas obras supuxeron un investimento de case 35.000 euros para a adquisición de novos elementos de xogo, a colocación dun valado e o acondicionamento de todo o espazo.

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, acompañada da alcaldesa, Digna Rivas, comprobou in situ as obras de acondicionamento do parque infantil multiusos do Piñeiral, que contaron este ano cunha subvención da Orde de Infraestruturas de uso público da Vicepresidencia da Xunta de case 35.000 euros. Os traballos inclúen o acondicionamento e a reparación de parte dos xogos existentes e a incorporación doutros novos, así como a colocación dun novo valado, a preparación dun pavimento de céspede artificial e a formación dunha montaña para saltarinas con solo continuo.
O Concello de Redondela tamén recibiu este ano unha achega de 29.729 euros no marco das axudas do Fondo de Compensación Ambiental que se investirán na reforma da instalación do alumeado público na rúa Pai Crespo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará