Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Incerteza na Confraría logo da dimisión en bloque da metade dos membros da xunta xeral

RR_Noticias

A situación obriga a convocar eleccións para elixir unha nova directiva, e deixa ao pósito sumido na incerteza de cara a campaña de Nadal, un dos períodos máis importantes en canto a facturación nunha confraría cuxos problemas principais responden á caída dos ingresos provocada polo descenso no número de embarcacións así como polo feito de que case a metade das súas mariscadoras se atopen actualmente de baixa.

A crise que atravesa a Confraría de Pescadores “San Juan” de Redondela custoulle o cargo ao patrón maior da entidade, Clemente Bastos, que levaba unha década á fronte do depósito. A situación precipitábase o venres ao presentar a súa dimisión en bloque máis da metade dos membros da xunta xeral o que obrigará a constituír unha xestora e convocar eleccións para elixir unha nova directiva.
Os dimisionarios consideran que o único positivo que se conseguiu foi “grazas á presión exercida polos membros da confraría” na asemblea do pasado 31 de outubro, onde se conformou un grupo de traballo composto por dúas persoas de cada oficio para que se presente unha valoración do estado actual, a adopción de medidas a tomar e a procura de novas fontes de ingreso.
Un grupo de traballo que tentará agora marcar unha liñas de actuación que permitan reconducir a situación que busca afrontar a crise económica do pósito e evitar a súa quebra.
Con todo, haberá que convocar eleccións para constituír unha nova directiva, un proceso que prolonga aínda máis a incerteza e a crise, xa que dende a anterior directiva aseguraban que a situación económica precisaba de actuacións inmediatas para evitar a suspensión de pagos. Neste sentido propuxera nun principio unha redución dun 18% dos salarios dos cinco traballadores cos que conta a entidade e posteriormente o despedimento de tres traballadores. Medidas que non foron aceptadas e que precipitaron a situación actual.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará