Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O SUP súmase ás voces que piden a retirada da exposición do Colectivo Republicano

RR_Noticias

Continúa a polémica en torno á exposición Criminalización do Pensamento que ata o 30 deste mes se pode ver no Multiúsos da Xunqueira. Se o martes era o sindicato UFP (Unión Federal da Policía)  e o PP quen pedían que se retirase esa mostra por entender que pode incorrer nun delito de odio, agora é o Sindicato Unificado de Policía (SUP) o que se suma ás voces críticas esixindo tamén a súa retirada. Unha mostra que conta co apoio do goberno local (PSOE-AER) e do BNG, quen amosou explicitamente o seu respaldo ao Colectivo Republicano, organizador da mesma.

As voces críticas reiteran que as fotografías expostas, nas que se poden ver diferentes cargas policiais como as que padeceron as traballadoras de Regojo cando se manifestaban contra o peche da empresa, ou mesmo fotografías do acontecido o 1 de outubro en Cataluña, son imaxes que “incitan ao odio cara as forzas de seguridade”.
O SUP asegura que tras os acontecementos acaecidos en Cataluña con máis de 300 policías lesionados e un dos Compañeiros da Comisaría de Vigo-Redondela ferido gravemente “non entendemos este tipo de exposicións e, moito menos, que estean instaladas nun local municipal” polo que esixen a súa retirada. Piden tamen que a alcaldesa, Digna Rivas, explique publicamente cal “é a motivación de faltar ao respecto aos policías e motivar unha crispación innecesaria contra o corpo”. Entende o sindicato policial que “é incomprensible o interese social que pode ter unha exposición que criminaliza á Policía”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará