Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Festa de samaín no Meirande

RR_Noticias

O espírito do samaín pervive con novas citas de cara a vindeira fin de semana. Neste caso é a Asociación deportiva e cultural de Rande quen convida a grande e cativos a un magosto popular onde non faltarán os obradoiros e as actividades para os máis pequenos cun taller de decoración de cabazas, un concurso de disfraces e un obradoiro de cociña terrorífica.

As actividades programadas pola Asociación Cultural e Social de Rande arrancarán ás cinco da tarde nas inmediacións do Meirande e prolongaranse as sete cun magosto que repartirá castañas entre os asistentes. Unha xornada que rematará coa tradicional queimada.
Durante a tarde haberá tamén amenización musical cos grupos de pandereteiras O Carballo das cen polas e o grupo de música e coro tradicional de Cidadelle.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará