Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A tala de seis árbores obriga a pechar provisionalmente o paseo do río Maceiras

RR_Noticias

A Concellería de Medio Ambiente procederá na xornada de hoxe a talar un total de seis árbores, catro delas mortas e outros dúas vivas, polo que se restrinxirá o acceso nalgúns tramos do paseo Maceiras. O obxectivo tanto da tala como do seu peche provisional é garantir a seguridade dos seus usuarios.

Explica o Concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, que as seis árbores que van ser retiradas do paseo corrían o risco de caer enriba do leito do río ou no propio sendeiro, podendo ocasionar tapóns no caudal e incluso por en risco aos viandantes. Unha vez obtidos  todos os permisos oportunos de Augas de Galicia e comprobado tamén polo Axente do Servizo de patrimonio natural a necesidade de retirar as dúas árbores vivas pola súa situación está previsto que hoxe se proceda a tala. Unha actuacións neste espazo fluvial que se suma a outras anteriores que consistiron no desbroce e retirada de maleza de xeito selectivos, actuando exclusivamente naqueles puntos nos que a actuación era necesaria.  

Roberto Villar Medio Ambiente
Explica a tala de árbores no paseo do Maceiras

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará