Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha xestora asume o control da Confraría de Redondela

RR_Noticias

As discrepancias existentes entre parte da xunta xeral e o Patrón Maior, Clemente Bastos, levaron a constituír unha xunta xestora que será a encargada de buscar alternativas para evitar a quebra do pósito. Esta “directiva interina” está conformada por dous representantes do cerco, dous do marisqueo a pé e outros dous do marisqueo a flote. Seis persoas que tentarán reconducir a situación e atopar unha solución de consenso que convenza a todos os membros da confraría. A decisión adoptouse nunha tensa reunión celebrada o pasado xoves no Centro Cultural de Cesantes.

A complicada situación económica que atravesa a Confraría de pescadores San Juan de Redondela pola continuada caída de ingresos, provocou xa os primeiros cambios ao fronte da entidade. Unha xunta xestora conformada por dous representantes de cada unha das artes presentes no pósito (cerco, marisqueo a flote e marisqueo a pé) será a encargada de tentar reconducir a situación actual e buscar unha solución que permita sacar a flote a confraría.
Un descenso na facturación nun 30% durante o último ano así como a forte caída no número de embarcacións, ao pasar de 70 a tan só 15, levou a anterior directiva presidida por Clemente Bastos a buscar medidas de contención no gasto para evitar a quebra económica e a suspensión de pagos. Unhas medidas que pasaban ou ben pola reducións dun 18% no salario que perciben os traballadores ou polo despedimento de tres dos cinco empregados que realizan as súas funcións na lonxa e nas oficinas. Con todo, estas propostas foron rexeitadas pola Xunta Xeral
Agora deberá ser a Xestora a que busque algunha solución que evite a quebra do pósito.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará