Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous anos despois, a exposición “Criminalización do Pensamento” regresa á Xunqueira ampliada

RR_Noticias

“Porque seguen mallando”, así xustifica o Colectivo Republicano, promotor da mostra censurada en 2017, a súa ampliación con imaxes da loita contra os desafiuzamentos, as concentracións contra a violencia machista e o 1 de outubro en Cataluña. Unha exposición que se pode ver até o 30 de novembro e que se completa con dúas charlas sobre a loita obreira, a loita estudantil e contra os desafiuzamentos.

As imaxes das manifestacións polo peche de Regojo en 1987, o vigués José Humberto Baena, represaliado franquista fusilado no ano 1975 ou as fotografías das protestas que reivindicaron o voto feminino, xa se poden ver de novo na entrada do Multiúsos da Xunqueira de onde o goberno local do PP ordenara a súa retirada tres días despois da súa inauguración tras a denuncia do sindicato policial UFP ao considerar que podía fomentar o odio. O periplo da exposición, lembrábao o secretario do Colectivo Republicano de Redondela, Markos Lareira, quen recordaba o “secuestro” da mostra, a presentación dunha proposta no pleno para a súa reposición apoiada por todos os grupos menos o PP, a súa exhibición no local do BNG e finalmente o cumprimento dese acordo plenario. Unha mostra que regresa con novidades, con máis imaxes reivindicativas que complementan as que se presentaran en 2017 e nas que se reflicten movementos sociais como a loita contra os desafiuzamentos, as manifestacións contra a violencia machista da man da Asemblea Feminista Paxaretas e imaxes sobre as cargas policías do 1 de outubro en Cataluña. Un acto no que o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, facía fincapé na repercusión que tivo a retirada da mostra nos medios de comunicación de ámbito nacional e a importancia de que agora se poida volver ver no mesmo espazo que hai dous anos. Un acto no que o Concello facía entrega ao Colectivo Republicano de Boletíns Oficiais do Estado e da Provincia encadernados da época da II República, que tamén se poden ver no Multiúsos. Unha mostra que se vai completar nas vindeiras semanas con charlas sobre a loita obreira, o movemento estudantil e contra os desafiuzamentos.  

Markos Lareira Colectivo Republicano
Lembra o periplo da exposición dende 2017 até a súa reinauguración este luns
Novidades exposición
Novas imaxes sobre as concentracións contra a violencia machista Cataluña ou os desafiuzamentos
Daniel Boullosa concelleiro Cultura
O concelleiro fai fincapé en que así se cumpre o acordo plenario

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará