Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cancelan a festa de Samaín na Illa de San Simón

RR_Noticias

A polémica celebración que se ía celebrar na noite deste 31 de outubro en San Simón foi cancelada, segundo a empresa Nabia, organizadora do evento, polo mal tempo que se prevé de cara ás vindeiras horas. Dende a Iniciativa galega pola memoria, que dende o primeiro momento amosara a súa indignación por esta convocatoria que ao seu entender supuña unha “burla ás vítimas”, o motivo detrás da cancelación estaría na “marea de indignación” que causou a proposta.

As precipitacións e o mal tempo que se espera de cara ás vindeiras horas son, segundo a organizadora, o único motivo da cancelación da festa de Samaín que a navieira Nabia organizara e publicitara para esa noite na illa de San Simón e que contaba coa autorización da Xunta. Unha celebración que levantou desde o seu anuncio unha treboada de indignación nas asociacións da memoria e nos familiares dos asasinados e presos que pasaron pola cárcere de San Simón entre os anos 1936 e 1943.
Uns colectivos que puxeran en marcha unha iniciativa que convidaba a todas aquelas persoas que se sentiran ofendidas por esta convocatoria a enviar correos ao Conselleiro de Cultura reclamando que se suspendera o evento por consideralo “unha profanación dun espazo simbólico da memoria democrática, dun lugar que supuxo sufrimento, dor e terror”, e por supoñer “unha indecente e insultante banalización do mal”.
Finalmente a festa non se fará pero dende a empresa insisten en que a suspensión débese “unicamente” ás malas condicións meteorolóxicas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará