Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Coordinadora fai un chamamento á presentación masiva de alegacións contra a casa de apostas

RR_Noticias

Na xornada de hoxe abriu o prazo de presentación de alegacións contra a instalacións deste negocio en Redondela. Veciños e colectivos disporán agora dun prazo de 20 días hábiles para presentar aquelas alegacións que consideren oportunas, é dicir, ata o 28 de novembro todos os que o desexen poderán argumentar contra a concesión de licenza municipal para a instalación deste negocio na rúa Ernestina Otero en Redondela. Dende a coordinadora contra a casa de apostas están a traballar xa na elaboración dun modelo para facilitar a presentación destas alegacións.

Un grupo de traballo da propia coordinadora ten previsto elaborar un escrito con argumentos legais (en base a distancia existente aos centros educativos e ao conservatorio ou polo feito de atoparse o baixo na zona de tránsito empregada polo alumando para achegarse as instalacións escolares), que entenden serán as máis axeitadas de cara a que a administración as teña en conta. O obxectivo é parar a intención da empresa promotora deste salón recreativo de asentarse en Redondela e facelo en base a aspectos legais. Mentres seguirán coa mobilizacións, o primeiro luns de cada mes ás portas do local.  

Coordinadora Casa Apostas
Berto Covelo explica que se elaborarán modelos de alegacións para faciltiar aos veciños a súa presentación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará