Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada de orientación nocturna para vivir o Samain en Soutomaior

RR_Noticias

A concellería de xuventude celebra o samaín con dúas xornadas de festa que terán lugar o xoves 31 e o sábado día 2. Así o xoves organizan unha actividade de orientación especial na que non faltarán os personaxes propios das datas como as meigas ou Morrigan, a deusa da morte. O sábado as propostas convídannos a achegarnos a casa do terro, a gozar das castañas e participar de obradoiros variados.

Chega o outono e con el a celebración do Samaín, unha festividade que marca o final da tempada da colleita e o comezo do inverno. E para conmemorar unha data tan especial a OMIX de Soutomaior ten en marcha diferentes propostas que arrancarán o xoves da vindeira semana cunha actividade de orientación orientada a maiores de 4 anos que arrancará ás sete da tarde e na que compre inscrición previa a través da páxina web do concello. Os participantes, ata un máximo de 200, deberán ir en grupo para tentar chegar a meta sen seren convertidos en “mortos viventes”. O sábado celebrarase tamén unha tarde de medo na alameda de Talo Río onde haberá moitos xogos, unha casa do terror, castañas e espectáculos cos que se afondará na historia do Samaín. Rematará a xornada un pasarrúas co espectáculo “Draco” de Troula Animación. Completando esta programación, o alumnado do IES de Soutomaior montará tamén un mercado de segunda man co que buscan recadar cartos para a excursión de fin de curso.  

Sonia Pintos OMIX
Un rastrexo de samaín
Festa en Talo Río
O sábado 2 haberá obradoiros música e troula

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará