Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rande gaña a batalla ao mal tempo

RR_Noticias

A chuvia e o vento non impediron que se celebraran a maior parte das actividades prevista para este sábado co gallo da VI conmemoración da Batalla de Rande que organiza a Asociación cultural e deportiva deste barrio de Cedeira xunto co Concello. Malia suspenderse o desembarco previsto para a tarde, si se realizaron o resto das actividades como o encontro de embarcacións tradicionais, o mercadiño ou os obradoiros para os nenos, así como a comida que se desenvolveu baixo unha carpa para evitar as inclemencias meteorolóxicas.
 

Os asistentes ao evento puideron revivir a batalla protagonizada polas escuadras anglo holandesa e hispano francesa hai xa 317 anos en augas da Enseada. Foron os veciños da zona os que logo de semanas de ensaios baixo a dirección da compañía de teatro Kepler T&T , os encargados de recrear o histórico acontecemento.
Un acto que non quixeron perderse os representantes políticos, que asistiron incluso caracterizados para a ocasión, e que contou coa animación e a música de Troula.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará