Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tanxarina recibe no Salvador un premio pola súa traxectoria internacional no FIT-Ocelot

RR_Noticias

A compañía de monicreques de Redondela foi a encargada de inaugurar o festival internacional do Salvador o pasado mes de xullo. O premio é un recoñecemento a Tanxarina polos seus máis de 30 anos de traxectoria como referente no labor e difusión do teatro de títeres.

A Asamblea Lexislativa da República do Salvador e FIT-Ocelot outorgaron o diploma a Tanxarina na categoría “Traxectoria Internacional”, a máis alta do festival internacional de Títeres FIT-Ocelot 2019. A compañía de Redondela foi a encargada de inaugurar o festival, a finais de xullo, co seu espectáculo “Titiricircus”. No certame participaron tamén compañías de México, Chile, Guatemala, Colombia e Francia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará