Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Timparrantela, música de raíz e de autora

RR_Noticias

A formación feminina nada na cidade de Ourense actuará o sábado na Praza da Casa da Torre, dentro da programación cultural que organiza o Concello. Timparrantela está formada por sete músicas que pretenden visibilizar e reivindicar o traballo artístico da muller. A cita é ás 22.00 horas.

Timparrantela son Lorena Sotelo (voz), María Blanco (violino), Olalla Rodríguez (clarinete), Olalla López (saxo), Olga Brañas (piano), Raquel Huete (tuba) e Marta Figueiredo (percusión). Todas elas levan anos no circuito musical galego en diferentes formacións pero, como grupo, Timparrantela naceu hai menos dun ano. Esta corta traxectoria non impediu que xa foran nomeadas para a última edición dos premios Martin Códax. Brañas recoñece é moi dificil “encadrar” o típo de música que fan, xa que todas proceden de distintas orixes artísticas”e cada tema é diferente”. O seu repertorio vai desde a música de verbena de comezos do século XX ata o folc, pasando “polas músicas do mundo e a canción de autora”. A pianista recoñece que o seu traballo se enriquece coas diferentes achegas que fai cada compeñente do grupo, malia que tamén é “unha dificultade” combinar todas as propostas. No que si coinciden é no carácter reivindicativo de Timparrantela. Polo feito de seren mulleres, Brañas lamenta que no mundo musical “tiveron que demostrar o dobre para ser recoñecidas a metade”. Coa súa proposta pretenden visibilizar o papel da muller na música e reivindicar o seu traballo artístico. Timparrantela estará o sábado día 10, na Praza da Casa da Torre, ás 22.00 horas con entrada de balde, dentro da programación cultural do Concello de Redondela.

Olga Brañas pianista
O seu repertorio vai desde a música de verbena de comezos do século XX ata o folc pasando "polas músicas do mundo e a canción de autora".
Reivindicar o papel da muller
Coa súa proposta pretenden visibilizar o papel da muller na música e reivindicar o seu traballo artístico.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará