Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Silvia Penide, Coanhadeira e Iria Estevez nunha fin de semana cargada de música

RR_Noticias

As voces femininas serán as protagonistas nunha programación cultural onde a música é a estrela indiscutible, Estilos diferentes que pasan polo pop acústico, o folk e o fado e que nos convidan a gozar da música ao aire libre na praza da Casa da Torre e na Alameda Rosalía de Castro de Chapela.

A voz de Silvia Penide será a primeira en escoitarse nun concerto que terá lugar hoxe venres ás 22:00 horas na praza da Casa Torre enmarcada no programa cultural do Concello. Presentará o seu sétimo disco de estudio que leva por título El efecto Boomerag, pop acústico para arrancar unha fin de semana cargada de actividades musicais.
O sábado a quenda será para o grupo Coanhadeira, música folk galega chegada dende Ourense coa voz de Patricia López e os instrumentos de Jesús Pérez “Chechu” nas gaitas e zanfona, Marcos Pérez na batería e percusión, Alberto Sánchez no acordeón e Oscar Freire no saxo. Presentan o seu espectáculo Bicos con luvas nun concerto que terá tamén lugar na praza da Casa da Torre ás dez da noite.
E pecha a semana a música de Iria Estévez en Chapela. Co seu Clave de fado a cantante, xunto a Paco Dicenta, Isaac Garabatos e Gonzo Piña, dan vida a un espectáculo que presenta melodía e poemas que beben do fado e que achegan un directo emocionante, dinámico e sorprendente. A actuación será na alameda Rosalía de Castro de Chapela o domingo ás 22:00 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará