Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla no Viso sobre os Muíños de Redondela

RR_Noticias

A Antiga Escola de Tuimil no Viso acolle hoxe mércores ás 20:00 horas unha charla sobre a recuperación e posta en valor dos muíños de Redondela baixo o título “Muíños e regatos: paraísos baixo o lixo”. Unha actividade organizada pola Sociedade Cultural da parroquia e que contará coa intervención do avogado e especialista en temas de sensiblización ambiental Álvaro Diego Fuentes, quen achegará información acerca do valor etnográfico na formación da cultura galega dos muíños que abundan en tantos ríos e regatos do noso país.

Na charla coloquio falarase tamén da necesidade da protección deste patrimonio etnográfico e dos regatos poñendo exemplo de recuperación realizados noutros concellos así como afondando no caso do Proxecto Pugariño, río da parroquia de Chapela que grazas á colaboración de voluntario están tentando poñer en valor este ben común.
Un patrimonio cultural, etnográfico e paisaxístico que se ve seriamente afectado pola mala situación dalgúns dos muíños “en perigo de derrube” e, sobre todo, polo comportamento incívico daqueles que non dubidan en depositar o lixo no lugar.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará