Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Abre o prazo de matrícula para a Escola de Música de Chapela

RR_Noticias

Como novidade nesta edición, a Escola amplía a súa oferta educativa coa especialidade de Expresión Musicial, obradoiro pensado para alumnos a partir de 6 anos no que o propio corpo se converte nunha ferramenta dentro da aula. Unhas clases que se suman a outras ensinanzas musicais que cobren un amplo espazo dende os 0 anos e sen límite de idade. O centro conta con profesorado especializado e un método propio de aprendizaxe de música para adultos.

Como novidade educativa, este ano a Escola de música inclúe a ensinanza de expresión corporal para nenos e nenas a partir de 6 anos, que busca ensinar música a través do propio corpo. O método a empregar serán xogos de distensión, cooperación, comunicación, resolución de conflitos, axilidade mental e estratexia grupal, mobilidade e psicomotricidade.
Tamén durante o mes de Xullo a Escola de música organiza un curso de verán, onde se impartirán de forma lúdica clases de instrumento, linguaxe Musical e conxunto instrumental. Dentro dá súa oferta de verán conta con clases de apoio, reforzo e preparación de probas de acceso a conservatorios e recuperación de materias.
Do 1 ou 24 de xullo, en colaboración coa academia de ingles Big- Estars, oferta un campamento con xogos de rastrexos, escapismo, coreografías, concursos de destreza, equilibrio, psicomotricidade, ou fabricación de instrumentos cos cales organizarase un grupo musical. Un campamento ao que se poden inscribir os interesados tamén por semana.
Máis información no correo escolademusicadechapela@hotmail.com, no teléfono 986452244 ou nas instalación da escola nos baixos do pavillón da parroquia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará