Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Clases gratuítas de ximnasia acuática en Soutomaior

RR_Noticias

A actividade levará a cabo os mércores na praia do Peirao durante todo o mes de xullo. A participación é totalmente gratuíta e todas as sesións estarán dirixidas por persoal especializado.As clases terán lugar todos os mércores do mes a partir das 18:00 horas e non compre inscrición previa.

O Concello de Soutomaior arranca esta semana o seu programa de ximnasia acuática para o mes de xullo. No caso de que algún dos días en que levará a cabo a actividade haxa mal tempo ou a marea estea demasiado baixa, a clase realizarase na area da praia. Para participar non é necesario ningún tipo de equipamento e a única recomendación é a de levar calzado acuático, as coñecidas “fanequeiras”.
O aquagym é unha modalidade de fitness acuático que inclúe numerosos exercicios para a tonificación muscular de maneira divertida e saudable. A actividade está dirixida a veciños de todas as idades xa que a súa práctica, ao realizarse dentro da auga da praia, ten un risco de lesións moi baixo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará