Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A temporada de traíñas da Liga Galega “B” estréase en Cesantes

RR_Noticias

A categoría raíña do remo galego inaugura temporada este domingo na Liga Galega B, e vaino facer en augas da Enseada de San Simión coa V Bandeira C.C.D. Cesantes Concello de Redondela. Participarán dez embarcacións de toda Galicia e Asturias, entre elas a anfitrioa de Cesantes e a do C.R. Chapela. A regata comezará ás 12.00 horas.

Logo da presentación da temporada de traiñeiras en Sanxenxo, e dúas regatas de pretemporada, a competición oficial comeza este domingo, día 30. Para a Liga Galega B, onde militan os dous clubs de Redondela, a primeira cita será a que organiza o C.C.D. Cesantes. Logo de varios anos fóra do calendario, o club redondelán regresa á competición de traíñas. O presidente da entidade, Jorge Rodríguez, advirte que “non foi doado volver a poñer en marcha a embarcación”, xa que se trata dun deporte cunha temporada moi esixente, “que se polonga todo o verán”. Nesta ocasión a traiñeiras do club de Cesantes estará formada por varios remeiros da categoría xuvenil, á que se suman algúns veteranos “co obxectivo de darlle continuiade de cara a próximas temporadas”. Despois dunha excelente temporada de bateis e traiñeiriñas para os xuvenís do C.C.D. Cesantes, o club confía en facer tamén un bo papel na traiñeira. Con todo, o resultado deste domingo é incerto, porque as embarcacións aínda están “en período de proba e adaptándose”. Ademais Rodríguez augura que esta LGB vai sei “moi igualada”. Xunto ás dúas traiñeiras redondelás, estarán o C.R. A Cabana Ferrol, C.R. Cedeira, C.R. Vila de Cangas, C.R. Salgado Perillo, C.M. Mugardos, A.D. Esteirana, C.R. Coruxo e a asturiana de Castropol. Ao tratarse da primeira regata do ano, as quendas faranse por sorteo “e tanto podes saír a competir cos máis frouxos ou cos máis fortes”, segundo explica Jorge Rodríguez, que tamén ten dubida “de que opción pode ser a mellor”. A próxima semana tamén haberá cita co remo en Redondela, será en augas de Arealonga coa Bandeira que organiza o C.R. Chapela o sábado 6 de xullo. Neste caso con dobre cita, masculina e feminina, que ademais será a primeira regata oficial da temporada para as mulleres, na que o club redondelán participa xunto a C.R. Cabo da Cruz, C.R. Salgado Perillo, C.M. Mugardos, S.D. Tirán Pereira e C.R. Mecos Coruxo Isabel.

Jorge Rodríguez presidente do C.C.D. Cesantes
Regresan á LGT cunha traíña conformada por remeiros xuvenís e algúns veteranos que regresaron a Cesantes.
Obxectivos do C.C.D. Cesantes
Despois dunha excelente temporada de bateis e traiñeiriñas o club confía en facer tamén un bo papel na traiñeira.
V Bandeira C.C.D. Cesantes Concello de Redondela
Ao tratarse da primeira regata do ano os grupos das quendas faranse por sorteo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará