Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Millo Verde arranca o seu festival con proxeccións cinematográficas na fin de semana

RR_Noticias

“Sevilla y Gomorra” de Ángel Filgueira e “Europa” de Hugo Canal son as dúas propostas cinematográficas que nos deixa o festival Millo Verde de cara ao domingo día 2. Malia que o groso das actividades serán os concertos que achegarán á praia de Cesantes formacións internacionais e músicas diversas, este ano os organizadores amplían o programa con proxección, obradoiros, charlas e música no espazo Regato. Actividades todas elas de balde.

Unha programación que arranca este mesmo domingo con dúas propostas cinematográficas, as películas “Sevilla y Gomorra” ás 20:00 horas e “Europa” que se proxectará ás 21:15. A continuación terá lugar un concerto a cargo de “3 zapatos” unha formación de Redondela que inclúe no seu repertorio diferentes versións de grupos de rock.   
Unha sesión golfa centrará as actividades do luns e xa o martes teremos a oportunidade de ver o documental “Trinta lumes” da redondelá Diana Toucedo, película que acompaña e nos convida a visitar dun xeito diferente unha aldea do Courel.  A proxección será o día 4 ás 20:15 e a continuación soará a música dos tamén redondeláns “Chá, cerveja e violao”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará