Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP reivindica o novo mural do scalextric

RR_Noticias

Dúas semanas despois das críticas emitidas dende AER e BNG sobre a decisión do concello de Redondela de encargar a un “graffiteiro” o pintado dun dos laterais do scalextric, pintado que supuxo a eliminación do debuxo que decoraba ese muro dende os anos 70, Javier Bas decidiu saír en defensa da nova decoración. Argumenta que o debuxo realizado busca homenaxear a Festa do Choco e se realizou sen intencionalidade política algunha.

Dende hai máis de 50 anos ese tramo final do muro do scalextric amosaba un debuxo no que se recreaba a zona da Marisma previa ao seu aterramento.A actuación encargada polo concello supuxo a eliminación de dita imaxe que foi substituída por unha imaxe marítima co cefalópodo como protagonista. Un feito que AER cualifica como atentado “irreparable contra o patrimonio inmaterial de Redondela” por destrozar unha manifestación cultural popular que lembraba parte da nosa historia e que, dende o BNG, entenden como un intento do PP “por facer desaparecer calquera rastro de rebeldía”.
Unha críticas que se producían semana atrás e que volvía escoitarse no debate electoral esta mesma semana. Javiar Bas decide agora manifestar o seu apoio ao novo deseño que segundo dixo acordouse unha vez se comprobou que o debuxo existente non podía ser recuperado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará