Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración en demanda dunha comisaría de distrito da Policía Nacional para Redondela

RR_Noticias

Os veciños convocantes reclaman unha comisaría de distrito para Redondela e unha ampliación dos servizos que a policía nacional presta no noso concello. Unha reivindicación que entenden xustas atendendo ao número de habitantes e dispersión demográfica que presenta Redondela. Convocan unha mobilización este martes na praza de Ribadavia ás 20:00 horas.

Unha convocatoria que chega logo de que o pasado xoves o pleno por unanimidade apoiase tamén estas demandas. Os organizadores denuncian tamén o desmantelamento do grupo de seguridade cidadá e as súas dependencias no concello que se producía no inicio deste mes e que, segundo explican, suporá un empeoramento dos servizos ao estaren os efectivos en Vigo polo que a consecuencia inmediata será “un incremento no tempo de resposta ante calquera incidencia e unha merma da atención porque os profesionais que veñan a Redondela non coñecerán as súas realidades”.
Engaden que un concello que conta con 30.000 habitantes cumpre os requisitos para ampliar os servizos existentes ata o de agora, motivo polo que animan á cidadanía a secundar esta protesta.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará