Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A praia da Punta volverá lucir a bandeira azul

RR_Noticias

O areal da Punta en Cesantes mantén este distintivo que valora a calidade da auga, a seguridade, os servizos e a accesibilidade. Un recoñecemento que conseguía en 2014, converténdose no primeiro areal redondelán con este galardón. Galicia mantén a súa posición na clasificación nacional de bandeiras azuis con 107 bandeiras para os areais de 31 concellos, ás que se engaden os distintivos para os 12 portos deportivos e os 15 para os centros azuis. Mantense no segundo lugar como comunidade con máis bandeiras azuis nos seus areais, só por detrás de Valencia.

A bandeira azul volverá ondear na praia de A Punta en Cesantes, por sexto ano consecutivo, logo de que en 2014 a proposta recibise o visto e prace da Asociación de Educación Ambiental, encargada en España de outorgar este recoñecemento no que se valora a calidade das augas, que ten que ser excelente, a seguridade, a completa dotación de servizos, a accesibilidade, a atinada xestión ambiental e a sustentabilidade dos areais e das dársenas.
Galicia mantén a súa posición na clasificación nacional de bandeiras azuis con 107 bandeiras para os areais de 31 concellos, ás que se engaden os distintivos para os 12 portos deportivos e os 15 para os centros azuis
Os concellos que ostentan o maior número de bandeiras azuis para os seus areais son na provincia da Coruña: Boiro, Arteixo, Oleiros e A Coruña; na lucense, Foz; e na provincia de Pontevedra, Sanxenxo, que é o concello de España que acumula o maior número de distintivos para os seus areais, seguido de Vigo, Cangas, Marín e Baiona
Os areais de Abrela (O Vicedo), Samil (Vigo), Loira (Marín) e Panadeira (Sanxenxo) volven a obter este distintivo que non recibiran na pasada edición.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará