Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco golea ao Porriño e sitúase en promoción de ascenso

RR_Noticias

O equipo redondelán colócase na cuarta posición da táboa a falta de dúas xornadas. Tamén gañou o Arcade por goleada sobre o Gran Peña. No fútbol sala o Pazos segue líder na Terceira División, mentres que o Campito é o pechacancelas. No remo, medallas para Chapela e Cesantes na I Bandeira do Alvariño disputada en Cambados.

Terceira División

Choco 4-0 Porriño
Os excelentes resultados do C.D. Choco nesta segunda volta están a levar ao equipo ao máis alto da táboa. O equipo de “Gonza” gañou en Santa Mariña e de xeito contundente a un Porriño xa descendido, e grazas aos resultados dos rivais directos sitúase na cuarta praza, en postos de promoción de ascenso. Os redondeláns foron fieis ao seu xogo, e moi cedo chegou o primeiro gol, de Comis, no minuto 6. Nacho ampliou a vantaxe á media hora de xogo. O Choco sentenciou na segunda parte con goles de Gabri e Vilas. O equipo soña xa con facer realidade o que parecía imposible hai uns meses, e agora só restan dúas xornadas. A próxima cita será crucial, o domingo visitan o campo do Barco, que tamén está na pelexa pola promoción, cun punto menos que o Choco. O último partido de liga será en Santa Mariña , onde reciben ao Boiro, afundido na parte baixa da táboa.
CD Choco: Cortegoso; Yerai (Jacobo Lazcano, min. 59), Yago (Aitor Cañedo, min. 51), Samu, Xián; Nacho, Gabi Misa, Comis; Vilas, Félix (Cora, min. 67) e Gabri Palmás.
Porriño Industrial: Miguel; Muiños, Alberto García, Areal, Bargiela; Rocha (Claudio, min. 58), Edu (Fran, min. 36); Caramés, Richi,Benja; e Leandro (Tubo, min. 36).
Goles: 1-0, min. 6: Comis; 2-0, min. 30: Nacho; 3-0, min. 54: Gabri; 4-0, min. 73: Vilas.
Primeira Autonómica

Arcade 4-0 Gran Peña
Antolín fixo o primeiro e o terceiro gol e Eloy completou o marcador. O Arcade só suma unha derrota no últimos dez partidos e chega en plena forma ao playoff. Na próxima xornada, penúltima de liga, visita o campo do Sporting Guardés, un posto por baixo dos de Soutomaior a 7 puntos de distancia.
Segunda Autonómica

Teis 4-3 Villar
Os de Mon Sanromán rematan a liga cunha derrota nun partido moi disputado. Na 9º posición da táboa, o equipo redondelán ten asegurada a permanencia, malia os posibles arrastres.
Deiro 3-3 Cesantes
O empate deixa ao Cesantes no 14º posto da táboa. Noalla, Bamio e Ponte Arnelas descenden directamente, mentres que o equipo redondelán queda pendente dos posibles arrastres.
Fase de ascenso

Lavadores 4-0 Chapela
Contundente vitoria dos vigueses no primeiro paso cara ao ascenso. O Chapela vai ter moi difícil remontar a eliminatoria a próxima semana.
Fútbol Sala Terceira División
Talleres ABC 5-0 Campito
Pazos de Borbén 4-3 Bueu
Na próxima xornada dispútanse os encontros Campito-Playas de Barreiro e o REd Blue Vigo-Pazos.
Balonmán Primeira Nacional Masculina

Chapela 34-32 Seis do Nadal
Final de tempada con derbi para o Rodosa Chapela e o Magope Seis do Nadal, con vitoria para os locais. Os primeiros minutos foron de dominio visitante ata que nos últimos minutos da primeira parte os de Fran Teixiera reaccionaron e conseguiron facerse co partido.
Remo Liga de Traiñeiriñas
Esta fin de semana houbo dobre cita, coa I Bandeira do Alvariño, en Cambados, e a XXXIV Bandeira Concello de Moaña. En Cambados, onde dominou Mecos, o remo redondelán fíxose con dúas medallas na categoría xuvenil masculina con prata para Chapela e bronce para Cesantes. Peor sorte tiveron na regata disputada onte no Morrazo, cun 4º e un 5º posto para Cesantes e Chapela, respectivamente, na mesma categoría.
A tempada de traiñeiriñas continúa este fin de semana con dúas novas citas. O sábado en Bueu e o domingo en Redondela, nunha proba organizada polo Círculo Cultural de Cesantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará