Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración contra a violencia de xénero e manifesto do Círculo Cultural de Cesantes

RR_Noticias

A praza do concello acolle este luns 6 de maio ás 19:30 horas a concentración contra a violencia machista que se convoca cada mes co obxecto de visibilizar e amosar o apoio de todos e todas ás vítimas deste tipo de violencia. Dende o concello convidan a toda a cidadanía a participar e unirse a concentración desta tarde.

Esta iniciativa, ideada e consensuada polo Consello Municipal da Muller no que participan colectivos de mulleres redondelás, partidos políticos e sindicatos, ten como obxectivo aumentar a visibilidade deste tipo de violencia e tamén sensibilizar á poboación sobre que a eliminación destas condutas violentas contra a muller, depende de todas e todos.
O acto, que se desenvolverá hoxe luns 6 de maio na praza do Concello ás 19:30 horas, incluirá ademais da propia concentración a lectura dun texto que será colleita, neste mes, do Círculo cultural de Cesantes. E como símbolo gardarase un minuto de silencio e procederase á colocación dunha lona en contra da violencia de xénero no balcón do Concello dende primeiras horas do día.
O Concello de Redondela e os membros do Consello Municipal da Muller convidan á cidadanía redondelá a participar cada mes nesta concentración mostrando así o seu rexeitamento contra a violencia de xénero e calquera outra forma de violencia e a súa concienciación da loita contra esta lacra social.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará