Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rivas sitúa de número dous a Leonardo Cabaleiro, nunha lista chea de caras novas

RR_Noticias

Leonardo Cabaleiro sitúase de número dous da lista que lidera Digna Rivas. Actual director da oficina de Correos de Redondela e secretario xeral do PSdeG-PSOE local exerce de concelleiro na corporación redondela, mentres que no número tres entra unha cara nova, a de María Castro Abad, funcionaria da administración pública e presidenta da ANPA do CEP Santa Mariña; Ignacio González Lago de Chapela e profesional do sector do automóbil, ocupará o cuarto posto da lista seguido de Marta Alonso Domínguez, de Redondela, directora de escola infantil.

No número seis sitúase Vicente Lamas de Cedeira, exdirectivo do Centro Cultural e no sétimos posto atopamos a Olga María García Ballesteros, de Chapela, secretaria do C. B. Chapela e presidenta da ANPA do CEIP de Laredo. No oito, Alberto Álvarez Pérez, de Cedeira, técnico especialista en automoción. O noveno posto da lista é para Iría Vilaboa Álvarez, de Vilar, muller estreitamente vinculada ao movemento cultural e veciñal. No número dez da candidatura, figura José Ángel García Praceres, de Reboreda, técnico de calidade e o posto once será para María Soledad García Figueroa, de Redondela, responsable de xestión de loxística.
A estes primeiros 11 nomes que marcan o que é a maioría absoluta da Corporación de Redondela, séguenlle homes e mulleres “cun alto grao de compromiso social” que non teñen máis aspiración, sinala a candidata Digna Rivas, que “aportar o seu gran de area para conseguir unha Redondela máis xusta, mais solidaria, mais igualitaria e cun goberno local que trate a todos e todas por igual”.
Digna Rivas asegurou que “todo este proxecto, este camiño que propoñemos para acadar unha Redondela capaz de afrontar os retos que se lle presentan no futuro máis inmediato, non sería posible desenvolvelo sen contar cun equipo extraordinario como o que me vai a acompañar nesta aventura”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará