Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rutas pola enseada para promover o turismo e dar a coñecer o traballo de pescadores e mariscadoras

RR_Noticias

Da man da asociación Amarturmar, creada por seis mariscadoras e mariñeiros de Cesantes, nace nesta Semana Santa unha nova iniciativa que busca dar a coñecer entre os turistas o traballo que desenvolven no interior da ría tanto as mariscadoras como os pescadores que traballan en Redondela. O primeiro dos percorridos leva por nome “o Choco de Redondela” e ten un prezo de 15 euros.

As visitas realizaranse en barcos con capacidade para dez pasaxeiros e ten unha duración de dúas horas. Os horarios das saídas dende o peirao de Cesantes son cada día ás 9:00, 11:30, 16:00 e 18:00 horas previa reserva a través do correo Amarturmar@gmail.com ou no teléfono 621 02 07 75.
O principal obxectivo desta iniciativa é promover un turismo sostible que permita aos visitantes coñecer as actividades profesionais relacionadas co mar, xa que coñecerán de primeira man como traballan os mariñeiros e as mariscadores que faenan na zona.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará