Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER denuncia que o concello pagará 17.000€ por alugar dez “walkie talkies” que custan 4.000

RR_Noticias

A Agrupación de electores acusa deste malgasto económico tanto ao Concelleiro de interior, Arturo González, como ao propio alcalde, Javier Bas. Aseguran ademais que dende o goberno local sempre lle negaron a existencia do contrato no que se comprometen a abonar a empresa “Radiospectrum” un total de 17.000 euros en dous anos en concepto de servizo de alugueiro dos aparellos de  radiocomunicación (“walkie talkies”) que utiliza a Policía Local de Redondela.

Engaden dende AER que Arturo González, malia carecer de competencia nese ámbito, tería firmado o contrato mediante o cal o Concello paga polo alugueiro de cada terminal nun ano o dobre do prezo de venta dun terminal novo.
O contrato firmouse por un ano prorrogable se ningunha das partes o denuncia “curiosamente dende “Radiospectrum”, a pesar de ter problemas para cobrar as facturas (chegou a acumular ata sete, e seis de elas foron aboadas o 31 de decembro de 2018), en ningún momento renunciou ao contrato”. Cando se cumpran os dous anos de contrato, o Concello terá pagado polo aluguer de cada terminal catro veces o seu valor. Este é o prezo “axeitado” segundo lle transmitiu aos representantes de AER o alcalde e concelleiro de Economía, Javier Bas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará