Hoxe é Xoves 7 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Campeones” no Festival de Curtametraxes Andaina

RR_Noticias

A Asociación Andaina celebra a VII edición do seu Festival internacional de Curtametraxes e diversidade funcional. Unha cita co cine en pequeno formato na que se inclúe a proxección dun total de 15 películas, cinco de animación orientadas ao público infantil e dez enmarcadas na sección oficial. As proxeccións desenvolveranse no Multiúsos da Xunqueira entre os días 22 e 27 de abril e inclúese ademais nesta edición a premiada película de Javier Freser, Campeones que se proxectará o venres 26 ás 20:00 horas. A programación escolar contará coa presenza de 1200 alumnos.

O presidente da Asociación de persoas con necesidades especiais Andaina, Antonio García, salientaba na presentación do festival a enorme participación acadada nesta edición “recibíronse 100 curtametraxes procedentes de 12 países de todo o mundo, o que fixo moi difícil seleccionar as 10 que van competir na sección oficial polo 500 euros do premio que se lle concederá a aquela película que reciba máis votos do p´bulico”. Un festival que se fai maior e que por primeira vez se organiza de xeito independente, xa que nacera no anos 2012 ao abeiro do recentemente desaparecido Redondela en curto. A traballadora social do colectivo Magaly Couñago destacaba a importancia da sección escolar, xa que serán máis de 1200 nenos e nenas de centros educativos tanto de primaria como da ESO de Redondela, Vigo, Soutomaior e Pontevedra os que poderán gozar das curtas seleccionadas. Un alumnado que ademais de asistir aos pases cinematográficos terán a posibilidade de achegarse a outras realidade da man do quiromasaxista terapéutico Miguel Pérez, os xogadores de tenis en cadeira de rodas, Alvaro Illo e Daniel Praza, os protagonistas da iniciativa Discamino, Javier Pitillas e Gerardo Fernández e o xogador de baloncesto e actor de Campeones, Sergio Olmo. O festival está integrando por dúas seccións ben diferenciadas, a oficial e a escolar. Na primeira se proxectarán un total de 10 filmes entre os que destacan curtametraxes internacionais como 24H, de Marie-lou Béland (Canadá), ou Desiderio, de David Nazareno (Arxentina). Tamén haberá representación nacional cos filmes A Mitges, Miranda y el mar, Los hombres de verdad no lloran, Robarte una noche e A ciegas. En canto ao audiovisual galego, se visionará a curtametraxes Prexuízos, coa participación de Xuntos-Pontevedra. Todas elas achegan as diferentes discapacidades sensorial, intelectual e física á sociedade, un dos principais obxectivos da realización deste festival, que pretende en primeira instancia sensibilizar e visibilizar a discapacidade e facelo dunha maneira impactante e lúdica. A presentación oficial do festival terá lugar o venres 26 de abril, á cal acudirá o actor e xogador da liga genuine no Rayo Vallecano, Sergio Olmos, actor da aclamada película Campeones. Tras o visionado do primeiro pase, se proxectará este filme gañador de varios premios Goya. Unha iniciativa de Andaina, unha asociación que segundo Lara Naya está a crecer exponencialmente nos últimos anos.  

Antonio García presidente Andaina
Unha gala que se fai maior
Sección escolar e oficial
Maiores e pequenos poderán achegarse a estas curtas
Curtas nacionais e internacionais
Seleccinouse unha curta de Canadá e outra arxentina
Magaly Couñago Andaina
En total máis de 1200 escolares asistirán ás proxeccións
Lara Naya Andaina
Unha asociación que aglutina cada vez a máis familias

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará