Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Biblioteca pecha as celebracións do seu 50 aniversario cunha gala no Multiúsos

RR_Noticias

O Auditorio do Multiúsos da Xunqueira de Redondela, acolle o venres 12 ás 20:30 horas a Gala do 50 Aniversario da Biblioteca P. M. Valle-Inclán que incluirá a entrega de recoñecementos a persoas e entidades que ao longo destes anos colaboraron dun xeito especial coas bibliotecas de Redondela e contará coa actuación da Xingro´ s Big Band do Conservatorio de Música que naceu coa intención de achegar a música moderna ao público. Unha semana na que celebra tamén unha cita infantil, un contacontos hoxe xoves a cargo de Olga Cuervo na Sala Infantil.

Con esta gala, que ten lugar nun mes emblemático para a lectura e os libros (o mes de abril conta coas dúas grandes efemérides do Día Internacional do Libro Infantil e do Día Mundial do Libro), péchanse os actos conmemorativos do 50 aniversario da Biblioteca Pública Municipal de Redondela que se viñeron desenvolvendo ao longo do 2018 e inicios do 2019 E hoxe mesmo os máis pequenos teñen a súa cita cun contacontos infantil que lles permitirá descubrir a figura e o traballo dunha muller excepcional, Jane Goodall. Unha actividade que correrá a cargo da contadora Olga Cuervo o xoves ás 18:30 h., na Sala Infantil da Biblioteca con entrada libre e de balde.  

Mª Elena Becerra Biblioteca Redondela
Unha gala con música e recoñecementos
Contacontos
Olga Cuervo deixanos unha proposta infantil

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará