Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Artelixo pecha o prazo de inscrición e convida a visitar a obra de Maijo Pazos no Mínima Expresión

RR_Noticias

“Casa doce Fogar” é a obra elaborada pola artista redondelá, afincada en Madrid, Maijo Pazos para o espazo Minima Expresión ás portas da Discotasca. Unha proposta artística que encaixa á perfección co espírito do Artelixo ao estar elaborada con material de refugallo recuperado apra darlle unha nova vida. A obra permanecerá exposta ata o 20 de abril, xusto no arranque da exposición do Artelixo que se celebrará en Redondela do 21 ao 27 deste mes. Hoxe remata o prazo de presentación de propostas.

Redondela volverá converterse na última semana deste mes nun museo ao aire libre no que esculturas e obras de arte efémeras ocuparán rúas e prazas do casco urbano. Como escenarios alternativos súmase á esta iniciativa o paseo de Cardona en Chapela e nesta edición farase unha incursión especial á parroquia de Cesantes co obxecto de concienciar sobre o lixo que acaba nos nosos mares e costas. Durante a semana que dura o evento, diversos colectivos, centros escolares e artistas locais e foráneos enchen as rúas, prazas e escaparates de Redondela de esculturas e outras obras de arte, fabricadas a partires de materiais de refugallo e lixo. Desta volta e como novidade, o Artelixo fará unha incursión na parroquia de Cesantes polo que suxiren como temática especial o mar. As persoas ou colectivos interesados teñen como data límite a xornada de hoxe para faceren as súas propostas a través do enderezo artelixoredondela@gmail.com  

Maijo Pazos artista
Unha obra con material de refugallo
Casa doce fogar
Moitas lecturas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará