Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello celebra o Día da Muller a ritmo de pandeireta nun acto con protagonismo para as mulleres xordas

RR_Noticias

O acto institucional, que estaba previsto se celebrase na Praza do Concello foi trasladado á Praza de Alejando Otero, lugar no que se quixo homenaxear ás mulleres que forman parte dos once grupos de pandeiretas que funcionan en Redondela, un dos cales foi o encargado de poñer música ao evento. Os nenos e nenas do Colexio Vigo foron os encargados de ler o manifesto nun acto no que a lingua de signos estivo moi presente grazas ás mans dunha muller xorda que reivindicou unha maior inclusión para as persoas con discapacidade auditiva.

“O 8 de marzo é un día para defender a igualdade na rúa” en palabras da Concelleira da Muller, Teresa París quen estivo arroupada por todo o goberno local no acto institucional celebrado nesta ocasión na praza de Alejandro Otero. Exerceu a edil de mestra de cerimonias dando paso aos resto dos intervintes. Así, os nenos e nenas do Colexio Vigo eran os encargados de poñer voz ao manifesto institucional e participaron tamén mulleres que recitaron textos de Rosalía de Castro e Clara Campoamor. As mans de Tatiana foron as encargadas de transmitir en lingua de signos os problemas aos que se enfrontan as persoas xordas e máis concretamente “as mulleres xordas, que sufrimos unha dobre discriminación” polo que fixo un chamamento a educar aos nosos fillos e fillas “no feminismo, un movemento que loita pola igualdade”. Carmen Amoedo, tenente de alcalde, era a encargada de pechar o acto reivindicando a presenza de mulleres no goberno local “con postos de responsabilidade e asumindo concellerías tradicionalmente masculinas”. No seu discurso facía un chamamento a reflexionar sobre o papel das mulleres en Redondela neste século XXI e incidía no concepto “igualdade en positivo” concluíndo que “non debemos deixar de ser mulleres por querer reivindicar outro tipo de cuestións”.       

Teresa París Concelleria Muller
Un día para reivindicar
Poñer en valor ás pandereteiras
11 grupos en redondela
Comunidade xorda
Representou en lingua de signos un emotivo discurso
Manifesto institucional
Nenos e nenas colexio Vigo
Carmen Amoedo tenente de alcalde
Salinetou o papel da muller no goberno actual

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará