Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Viso celebra o día da árbore cunha xornada de plantación no Monte Espiño

RR_Noticias

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso organiza unha nova edición do día da árbore para o vindeiro domingo 10 de marzo. Nesta ocasión participarase na creación de franxas verde con frondosas autóctonas para mellorar a defensa contra incendios forestais do monte comunal. O punto de encontro será o monte Espiño a partir das 10:30 h da mañá.

Voluntarios e comuneiros traballarán na plantación de castiñeiros, bidueiros e carballos nun rodal de 10.000 m2 de superficie na zona norte do monte, zona de entrada habitual dos incendios na parroquia do Viso. Reforzarase tamén con arborado nunha zona preto das casas do barrio do Escredo, recentemente rozadas.
Repoboarase así coa axuda dos voluntarios que asistan máis de 200 árbores diversas para deste xeito recuperar a diversidade arbórea da zona e, como non, realizar unha acción didáctica entre adultos e os máis cativos achegando a experiencia de participar no mantemento e coidado da natureza en xeral, e do monte comunal en man común en concreto. O día da árbore do Viso é unha actividade aberta a toda a veciñanza, na que poden participar sen máis que levando un legón, unha lubas e ganas de traballar para conseguir un monte que siga proporcionando recursos tanxibles e intanxibles como poden ser as augas, a paisaxe, a fixación de carbono, leñas, froitos como as castañas, cogomelos, hábitats de fauna e flora, …
Colaborarán coma en anos pasados “Xirela, Servizos Técnicos e obras do Rural” e “Maquinaria Agrícola Carpintero”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará