Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O proxecto de escola infantil en Chapela avanza coa recalificación dos terreos na Finca da Ginaria

RR_Noticias

O pleno aprobou unha modificación puntual nas normas subsidiarias na zona de Leitón-Cidadelle para recalificar eses terreos que pasan de urbanizable resindencial a zona verde e dotacional, o que permitirá que Chapela conte cunha escola infantil con capacidade para atender a 82 cativos. A Xunta de Galicia ten consignada unha partida de 800.000 euros para a construción deste centro educativo cuxa ubicación foi motivo de polémica logo de que nun principio o goberno local valorase instalar aos nenos nos baixos do colexio Angorén.

A corporación municipal deu luz verde a unha modificación da calificación dos terreos na zona de Cidadelle que permitirá construír nesa parcela unha escola infantil na que a Xunta de Galicia investirá un importe superior aos 800.000 euros. Así o explicaba a Concelleira, Carmen Amoedo quen salientaba a importancia deste acordo plenario que permitirá poñer a disposición da Xunta estes terreo para que procedan a construír un edificio que contará con 82 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos. A gardería quedará así ubicada na Finca da Ginaria, un terreo de 34.000 metros cadrados nos que actualmente xa se está construíndo o novo colexio no que se reubicará o alumnado do centro educativo Igrexa. Dende a oposición aplaudían que finalmente se dean pasos en firme de cara a que sexa unha realidade esta escola infantil “tan demandada polos propios veciños dende hai anos” en palabras do socialista Leonardo Cabaleiro. Dende AER incidían na necesidade de mellorar o transporte e os accesos a esta Finca da Ginaria ante o incremento de tráfico que se producirá na zona coas novas infraestruturas educativas. O BNG amosaba a súa satisfacción porque finalmente se ubique nesa parcela a escola “malia que nun primeiro momento o PP pretendía meter aos rapaces nun cuchitril, algo que non se fixo grazas á mobilización dos veciños”. O Consorcio Galego de Servizos Sociais e Igualdade xa se comprometera no 2012 a poñer en marcha a gardería na que se prevía investir uns 600.000 euros, uns cartos que o goberno perdía ao non poñer a disposición de Benestar Social os terreos, tal e como establecía o convenio.    

Carmen Amoedo PP
Achega datos sobre a futura escola infantil
Leonardo Cabaleiro PSOE
Unha damanda veciñal que comeza a tomar corpo
Noé Cano AER
Piden unha mellora na comunicación na zona de Cidadelle
Xoán Carlos González BNG
Os nacionalista aplauden que se reconducira a ubicación desta escola infantil
Enrique Fojo Edil non adscrito
Lamenta a lentidude dos trámites

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará