Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Protagonismo de Cortegoso en Santa Mariña

RR_Noticias

O porteiro salvou un punto para o C.D. Choco no partido disputado onte ante o Ourense CF. O equipo de “Gonza” acumula xa 11 xornadas sen perder. Na Segunda Autonómica perderon o Atl. Vilar e o Cesantes, e na Terceira o Chapela fíxose co derbi ante o Nespereira. No balonmán puntuaron todos os equipos locais.

Terceira División
 
Choco-Ourense
Os afeccionados que onte retaron ao mal tempo para darse cita en Santa Mariña presenciaron un partido sen moito brillo, un xogo deslucido polo vento e a chuvia, pero coa recompensa dun punto máis no casilleiro do equipo redondelán. O conxunto de Gonzalo Fernández dispuxo de vantaxe na primeira metade ao ter o vento ao seu favor, pero sen poder realizar envíos precisos xustamente por mor do vento. As xogadas elaboradas foron moi escasas. A segunda parte foi de dominio total do Ourense CF, que presoinou a portaría dun Cortegoso que se foi o protagonista do partido ao anular todas as accións dos rivais, malia os intentos de Lamelas, Róber e Iago Beceiro. O Choco, que agora é 8º na táboa, xogará o domingo no campo do Polvorín, 12º.
Choco: Cortegoso; Jacobo Lazcano, Yago, Aitor Cañedo, Xian; Nacho, Caloi, Comis (Davo, min. 73); Vilas (Cora, min. 68), Félix e Gabri.
Ourense CF: Diego; Pedro García, Pablo Pérez, Germán; Sergio de Paz, Martín, Zanelli (Iago Beceiro, min. 69), Juanma, Manu Mariña (Murilo, min. 68); Lamelas (Li, min. 91) e Róber.
Primeira Autonómica
Xornada de descanso. Próxima xornada Arcade -Gondomar
Segunda Autonómica

Atl.Vilar 0-3 Caldelas
Os de Mon Sanromán sucumbiron ante un bo Caldelas. Aitor e Suso marcaron na primeira metade para os visitantes, mentres que Chema sentenciou na segunda. Veiga tivo a mellor ocasión para os locais. O Vilar é agora 11º, na próxima xornada visitan o campo do Tyde, 4º do grupo.
Cruceiro 5-1 Cesantes
Guillermo, en dúas ocasións, Anxo, Neno e Álvaro marcaron na vitoria do Cruceiro. Álex Gil marcou para o Cesantes, que agora é 14º. Na próxima xornada reciben ao Zacande, un dos aspirantes ao ascenso.
Terceira Autonómica

Chapela 7-1 Nespereira
Catro tantos de Cristian, un de Dani, outro de Fran e un último de Javi, xogador xuvenil, deron a vitoria ao Chapela no derbi ante o Nespereira. O gol visitante foi de Víctor. O Chapela, que é 3º, xogará na próxima no campo do Coia, mentres que o Nespereira recibe ao S.Miguel.
O Soutomaior tivo xornada de descanso, o próximo domingo recibe ao Atl. Estación.
Balonmán

División de Honra Prata Feminina
Cíes Obra Civil Chapela 25-C. Ulsa H.V. Valladolid 25
O Cíes Obra Civil conseguiu un punto tras empatar contra o Comercial Ulsa Hand Vall Valladolid. Malia o resultado, segue a ser case imposible que acaden a permanencia. Na próxima xornada disputan en Redondela o derbi ante a SAR.
Rodríguez Cleba 22-Sar Rodavigo 28
As de “Chini” puideron cun dos equipos máis fortes do grupo e a domicilio, gañaron na pista do Rodríguez Cleba, na cabeza da táboa e que loita por meterse na fase de ascenso. As redondelás ocupan agora a 8ª praza, e preparan o derbi desta fin de semana ante o Chapela.
Primeira Nacional Masculina

Rodosa Chapela 33-Rasoeiro 19
Un partido con moitos erros por parte dos dous equipos, e que finalmente levou o equipo de Chapela, que apertou nos últimos minutos e foi ampliando distancias no marcador. Os de Fran Teixeira están no 5º posto, e o sábado ás 19.00 horas xogan na pista do Bueu Atl., 10º clasificado.
Primeira Autonómica

At Novas 25-27 SAR Plastic Omnium
Vitoria apertada para a SAR, coa que o equipo redondelán mantén o 3º posto. Na próxima xornada visita Vigo para medirse ao Seis do Nadal, que é 10º.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará