Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello suspende as actividades programadas para o martes de Entroido

RR_Noticias

A Queima do Meco que estaba previsto se celebrase na tarde de mañá martes foi finalmente adiado ata nova data. Os prognósticos meteorolóxicos son contundente e anuncian fortes precipitacións a partir do mediodía polo que o Concello acordou suspender a programación prevista que se celebrará en datas próximas aínda por confirmar. Seguen así estas actividades o mesmo destino que o desfile de comparsas do domingo que foi suspendido.

A previsión de fortes precipitación para a tarde do martes obrigou ao concello a suspender os actos do carnaval. A programación incluía animación infantil con diferentes obradoiros na praza da Constitución, animación musical polas rúas e o tradicional desfile e concurso de disfraces diante do concello.Unha xornada de festa na vila que remataba coa queima do meco acompañado dun espectáculo de pirotecnia.
Actividades todas elas que quedan agora pospostas á espera de que dende a Concellería de eventos lle busquen nova data.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará