Hoxe é Domingo 17 de Xaneiro de 2021

Augas de Galicia investirá 2,5 millóns na mellora das depuradores de Arcade e Soutomaior

RR_Noticias

Así o confirmou o alcalde da localidade, Agustín Reguera, quen asegurou que os responsables do departamento dependente da Xunta de Galicia confirmaron que “o proxecto xa se está redactando e presentarase nos próximos meses”. Corrixe ademais o alcalde ao edil nacionalista Manu Lourenzo quen denunciara que non existían nin prazos nin contía económica destinada a esta actuación e asegura que “as partidas para a mellora das depuradoras se está incluída dentro dos fondos Feder e contemplan o investimento dun millón e medio de euros para a depuradora de Arcade e un millón de euros para a depuradora de Soutomaior”.

Reguera destacou a calidade da auga en Soutomaior aludindo aos resultados do test realizados por sanidade durante o verán. Asegura que a Consellería realiza test e informes periódicos para controlar a calidade da auga, especialmente durante o verán para asegurar a salubridade das zonas de praia, e os resultados de Soutomaior foron de excelente, tanto na praia de Matilde como na do Peirao.
Axudas para o sector marisqueiro
Conforme ás axudas para o sector marisqueiro, o alcalde indicou que é un tema que xa se tratou en reunións previas co patrón maior da confraría e sobre o que xa se chegou a un acordo que se espera ampliar a varios Concellos da ría de Vigo. “Xa reservamos fondos para estas axudas, pero cremos que se a Arcade veñen faenar mariñeiros de marisqueo de toda a ría, o máis xusto é que todos os Concellos fagan achegas a este fondo e que non pase outra vez como en 2015, cando fomos os únicos que cumprimos cos mariñeiros” explicou Reguera.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *