Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior reparte 1500 bolsas reutilizables para reducir o uso do plástico entre os veciños

RR_Noticias

Dentro da campaña de concienciación sobre a necesidade de reducir o uso de bolsas de plástico, o concello de Soutomaior repartir 1500 bolsas da compra de polietileno que os veciños poderán recoller a partir da próxima semana nos centros municipais e en diversos supermercados. Co obxecto de potencia a reciclaxe domésticas tamén se repartirá composteiros individuais a todos os que o soliciten a través do rexistro.

A iniciativa ten como obxectivo o facilitar a transición dos veciños no proceso de cumprimento da directiva europea que obriga aos establecementos comerciais a tomar medidas para frear o uso de bolsas de plástico entre os seus clientes, e que previsiblemente finalizará en 2021 coa prohibición das bolsas de plástico lixeiras.
Segundo o edil de medio ambiente, Ramón Fernández, con esta campaña “tentamos reducir tanto o impacto da nova normativa nos veciños como o impacto ambiental desta clase de plásticos cambiando pequenos hábitos, como o de coller unha bolsa en casa cando salgues a facer a compra”.
Composteiros
Por outra banda, tamén se pon en marcha unha nova campaña para potenciar a reciclaxe doméstica entre os seus veciños coa entrega de novos composteiros individuais. Unha iniciativa levada a cabo pola concellaría de medio ambiente coa que se busca reducir os residuos orgánicos xerados polos fogares para a súa transformación en fertilizante natural.
Os interesados deberán presentar a súa solicitude no rexistro municipal e o mestre compostero municipal porase en contacto con eles para concertar unha cita para a súa recollida. Durante esta cita, o mestre explicará a mellor maneira de optimizar o uso do compostero e proporcionará unha pequena guía de uso a cada participante.
Do mesmo xeito, o mestre explicará os pasos a seguir durante o seguimento que se fará dos composteros e co que se pretende guiar aos participantes durante o proceso de reciclaxe orgánica e garantir o correcto uso dos composteiros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará