Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela expón o libro “Cousas da vida” de Castelao

RR_Noticias

O Concello de Redondela colocou unha unha mesa-vitrina dentro das súas instalacións que expón a obra humorística de Castelao. Este extenso volume, que recolle as Cousas da vida, é unha edición limitada (333 exemplares) e única como acredita un certificado ante notario. O libro está presidido polo retrato de Castelao.

O libro, de máis de 500 páxinas, posúe unha coidada edición: encadernación en pergameo elaborado a man, papel de algodón e con fío vexetal. A Fundación Castelao avala este traballo, que conta con prólogos de Miguel Anxo Seixas e Manuel Ayaso.
Trátase dun novo recoñecemento á figura de Castelao tras a instalación das placas que dan o seu nome á Alameda e ás xornadas adicadas a Castelao que se celebraron o pasado mes de xaneiro e que contaron cunha notable afluencia de público.
Cada mes a vitrina abrirase para mostrar unha nova ilustración deste artista, polo que todos aqueles que visiten o Concello poderán deleitarse e sorrir cos orixinais e ocurrentes debuxos deste polifacético artista.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará